InicioVigo e contornaVigoCitroën España pide quedar na casa mentras mantén aberta a súa factoría...

Citroën España pide quedar na casa mentras mantén aberta a súa factoría en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Momentos para estar en casa. #QuedateEnCasa #YoMeQuedoEnCasa

Este é o lema utilizado polas redes sociais de Citroën España para animar á xente a quedar na casa logo de que se declarase o Estado de Alarma. O lema vai a compañado dunha fotografía dun café con leite co anagrama da marca.

Unha publicación fortemente contestada en redes, logo de que a factoría mantivese aberta a producción, mentre traballadores e sindicatos advertisen de que non se están tomando medidas adicionais de cara a evitar o contaxio por coronavirus.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria de Galicia, Francisco Conde, consideraba onte “prioritario” manter a actividade industrial “con todas as garantías” para asegurar a saúde dos traballadores. Unha visión completamente oposta á dos sindicatos de grandes empresas como PSA-Citröen que entenden que a saúde dos traballadores está en risco por acudir a traballar.

A Xunta insiste en que o funcionamento do sector secundario e primario debe “manterse sempre” coa seguridade de que os empregados das empresas traballan amparados por medidas de prevención para evitar contaxios de coronavirus que contribúan á súa expansión, o que obrigou a declarar o estado de alarma en todo o estado español.

ÚLTIMAS

Caballero insiste: “Louzán ten que dicir que Vigo é sede do Mundial 2030”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o presidente da Real Federación...

Achan na costa de Cádiz neveiras e un colector do buque que se refuxiou en Vigo tras un corremento de carga

Salvamento Marítimo coordinou durante esta fin de semana un amplo dispositivo en augas do...

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...