InicioEconomíaA Xunta insiste en manter aberta Citröen e os sindicatos piden o...

A Xunta insiste en manter aberta Citröen e os sindicatos piden o peche

Economía considera "prioritario" manter activa a industria e os sindicatos lembran que tamén está en risco a saúde dos traballadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, considera “prioritario” manter a actividade industrial “con todas as garantías” para asegurar a saúde dos traballadores. Unha visión completamente oposta a dos sindicatos de grandes empresas como PSA-Citröen que entende que a saúde dos traballadores está en risco por acudir a traballar.

A Xunta insiste en que o funcionamento do sector secundario e primario debe “manterse sempre” coa seguridade de que os empregados das empresas traballan amparados por medidas de prevención para evitar contaxios de coronavirus que contribúan á súa expansión, o que obrigou a declarar o estado de alarma en todo o Estado.

Nunha entrevista na Cadena Ser, o conselleiro de Economía apelou ao “diálogo social” como unha “clave” para evitar regulacións de emprego. Cre que os axentes sociais e patronal deben estar en contacto e establecer mecanismos para “atenuar o impacto da situación actual” a través do teletraballo, a flexibilidade horaria, a conciliación e mesmo vacacións. A isto suma a “reorganización de quenda” que “moitos empresarios” están a introducir.

CRÍTICAS

Unha postura moi diferente é a que manteñen os sindicatos, principalmente, aqueles das grandes industrias. Así, tanto a CIG como a CUT piden que cancele tamén a actividade industrial para evitar riscos para a saúde dos traballadores.

“Estamos a falar dunha situación de alarma decretada polo Goberno no que hai que cumprir uns mínimos. A maioría dos galegos está na casa para evitar a propagación dese virus e o que non pode ser é que se lle permita a grandes centros de traballo, como PSA-Citröen que incumpra a normativa”, apunta   José Manuel Domínguez, da CIG. “Todos temos que poñer da nosa parte para evitar a súa propagación e non pode ser que empresas como esta non o faga”, engade.

Pola súa banda, Roberto Castro, da CUT sinala que hai que pechar a produción durante quince días para garantir a seguridade que piden desde o Estado.  “A empresa puxo como solución retardos nas entradas e saídas e con iso xa pensa que cumpre. Teñen que intervir as administracións públicas que subvencionan con moitos cartos a estas empresas”, advirte.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...