InicioSociedadeAs alumnas da Escola Superior de Arte Dramático protestan "contra os abusos"...

As alumnas da Escola Superior de Arte Dramático protestan “contra os abusos” por parte de docentes

O centro leva sen actividade dende o pasado 2 de marzo, mais o estudantado aínda non recibiron resposta por parte de inspección nin de dirección.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alumnas da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, co apoio do resto do alumnado, veñen de iniciar unha protesta pacífica e multitudinaria o pasado 2 de marzo e que a día dehoxe, segue paralizando a actividade do centro.

Esta protesta xorde a raíz do descontento no alumnado, que afirma ter detectado diferentes “formas de abuso de poder e acoso dalgúns docentes durante anos” e que provocaron situacións de carácter incómodo e desagradable nas aulas que colocaron as alumnas nunhasituación de vulnerabilidade.

Este feito, explican, alarmou a todo o colectivo estudantil, que decidiu parar a actividade lectiva ata que se investigue e solucione o problema. Tras catro días de parada, o alumnado aínda non recibiu unha solución por parte de inspección e de dirección, de maneira que está sendo o colectivo estudantil o que asume a carga desta parada. Polo de agora, levaron a cabo iniciativas como a supresión de todo tipo de actividades académicas que implican a perda do curso académico de todo o alumnado.

Son un total de 150 as alumnas e alumnos que se manifestan, mentres o profesorado continuacubrindo o seu posto de traballo. “O alumnado posicíonase radical e unanimemente encontra do abuso xa que é incompatíble cunha ensinanza pública e de calidade”, zanxan no escrito.

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

Trasladado a Vigo en helicóptero un mariñeiro ferido grave mentres faenaba a 100 millas de Cabo Vilán

Un mariñeiro tivo que ser trasladado a Vigo en helicóptero na noite deste pasado...

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...