InicioEconomíaAs auxiliares volverán ao traballo en Barreras "en 7 ou 10 días"

As auxiliares volverán ao traballo en Barreras “en 7 ou 10 días”

Esperan cobrar 12 millóns da débeda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As empresas auxiliares prevén renovar o seu traballo nas bancadas do estaleiro vigués Barreras nun prazo de “7 ou 10 días”, no que tamén esperar cobrar a metade da débeda polo barco de Ritz Carlton, uns 12 millóns de euros, tal e como acordaran coa empresa.

Así o avanzou, en declaracións aos medios antes de participar nunha xornada sobre o ‘brexit’, o secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), Enrique Mallón, quen explicou que as empresas auxiliares, unha vez coñecido que o xulgado do Mercantil homologou o plan de refinanciamento de Barreras, “están a planificar persoas e equipos” para retomar a actividade.

Mallón sinalou que estas empresas “queren volver inmediatamente” e están en permanente contacto co estaleiro para renovar os traballos do buque Evrima (para a navieIra de Rizt Carlton) e que poida ser entregado nuns 7 a 9 meses.

En paralelo a esta reactivación, as empresas “están a esperar o primeiro cobro, do 50 por cento da débeda” contraída por Barreras en relación a este barco, uns 12 millóns de euros, e esperan que o pago poida facerse efectivo tamén nestes días. “É un condicionante fundamental para que a industria auxiliar teña capacidade para contratar e afrontar gastos”, apostilou o secretario xeral de Asime.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...