InicioSucesosA xuíza toma declaración a outras seis testemuñas tras a reapertura do...

A xuíza toma declaración a outras seis testemuñas tras a reapertura do caso de Déborah Fernández

A moza desapareceu en abril de 2002 cando saíra da súa casa para facer deporte pola zona de Samil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xuíza de instrución número 2 de Tui avanza nas súas pescudas tras a reapertura do caso sobre a morte da moza viguesa Déborah Fernández, cuxo cadáver apareceu hai máis de 17 anos, e este xoves tomou declaración a outras seis testemuñas.

As testemuñas desta xornada foron acordadas a proposta da Fiscalía e da propia xuíza, e trátase de persoas da contorna da vítima, aínda que non transcendeu a súa identidade nin o contido das súas declaracións. De feito, as persoas que acudiron ao xulgado declinaron facer manifestacións ante os medios, e só unha desas persoas pronunciou un conciso “todos queremos saber quen é o culpable”.

Déborah Fernández-Cervera desapareceu en abril de 2002 cando saíra da súa casa para facer deporte pola zona de Samil. Varios días despois, o seu cadáver foi localizado nunha cuneta no municipio do Rosal, sen roupa, cuberto por vexetación e sen signos de violencia.

Por estes feitos nunca foi detido nin imputado ninguén formalmente e, tras anos de investigación e diversas vicisitudes, o caso estaba ‘parado’ xudicialmente. Ante a inminencia do prazo de prescrición (en 2022), a familia e achegados da moza iniciaron unha campaña de recollida de firmas a través de change.org, con pegada de carteis, e diversos actos, para pedir a reapertura do caso e tratar de que “se faga xustiza”.

En novembro pasado, despois da presentación de novas probas, a xuíza de Tui ditou auto reabrindo o procedemento, e citando a sete testemuñas, que declararon o pasado decembro. A estes testemuños uníronse os 6 novas testemuñas que pasaron polo xulgado este xoves, e non se descarta que sexan citadas máis persoas.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...