InicioSucesosCazado na estrada de O Portal de Vigo un condutor que cuadriplicaba...

Cazado na estrada de O Portal de Vigo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local cazou na madrugada deste xoves na estrada de O Portal de Vigo a un condutor, H.R.E. vigués de 43 anos de idade, que case cuadriplicaba a taxa de alcol permitida, ao arroxar unha marca de 0,90 e 0,86 miligramos por litro de alcol por aire expirado.

Foi durante a realización dun control de tráfico na parroquia viguesa de Valadares cando os axentes pararon pasadas as 03,00 horas da madrugada ao condutor do turismo e comprobaron que presentaba “claros síntomas” de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo, procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo que excede o límite penal establecido. Desta maneira, instruíronse dilixencias para o efecto para o seu traslado á autoridade xudicial competente.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...