InicioSucesosDenunciados dous usuarios de patinete que circulaban por Vigo baixo os efectos...

Denunciados dous usuarios de patinete que circulaban por Vigo baixo os efectos de alcol e drogas

Unha das condutoras resultou ferida ao chocar contra un turismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo tramitou denuncias contra dúas persoas que foron sorprendidas circulando en patinetes pola calzada, e que o facían baixo os efectos do alcol, nun caso, e das drogas noutro. Ademais, unha delas, unha muller, resultou ferida ao chocar contra un vehículo.

Segundo informaron fontes policiais, na madrugada do pasado 7 de agosto foi identificada unha muller que descendía nun VMP (vehículo de mobilidade persoal) pola Gran Vía en dirección a Praza de América. A usuaria do patinete circulaba cuns auriculares conectados ao seu teléfono móbil, o que está prohibido.

Ao chegar ao cruzamento coa rúa da Carmen, atravesou un paso de peóns polo exterior e acabou chocando cun turismo que ascendía e viraba cara a esa rúa.

Os axentes que acudiron ao lugar, mentres se esperaba a chegada da ambulancia (a muller sufriu un golpe na cabeza), realizáronlle unha proba de alcoholemia, que arroxou resultado positivo (0,37 mg/l), polo que tramitaron a correspondente denuncia.

Segundo informou a Policía Local, este accidente é o sexto rexistrado coa implicación de usuarios deste tipo de vehículos de mobilidade persoal.

INTERVENCIÓN EN TRAVESÍA DE VIGO

Por outra banda, na tarde do pasado domingo, unha patrulla do 092 sorprendeu a un mozo circulando nun destes aparellos pola calzada da Travesía de Vigo. Ao comprobar a documentación, constataron que o vehículo non se axustaba á normativa, polo que tramitaron denuncia administrativa.

Ademais, durante a intervención, os policías decatáronse de que o mozo tiña síntomas de estar baixo a influencia dalgunha sustancia tóxica, polo que lle fixeron un test, que deu positivo en THC, o que tamén foi denunciado.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...