InicioEconomíaUn congreso destaca a importancia dos materiais compostos no sector automobilístico

Un congreso destaca a importancia dos materiais compostos no sector automobilístico

No evento, que se celebra este mércores e venres na cidade de Vigo, expoñerase como inflúen os materiais compostos na transformación da industria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Luís Moreno, destacou a importancia dos materiais compostos na transformación do sector automobilístico este mércores en Vigo.

Durante a inauguración do XIII Congreso Nacional de Materiais Compostos (MATCOMP 2019), que se celebra entre este mércores e este venres na cidade, Luís Moreno explicou que se abordarán os retos relacionados coa utilización destes compoñentes nos automóbiles, segundo recolleu a organización nun comunicado.

Ademais, indicou que, no evento, no que participan máis de 350 profesionais da industria e a investigación, expoñerase como inflúen os materiais compostos na transformación da industria. Así, apuntou que se estudarán a súa automatización, flexibilidade e alixeiramento, así como os seus procesos de fabricación e as súas técnicas de unión.

Tamén avanzou que, mediante este foro, se promoverá a utilización dos compostos e abordaranse as necesidades relacionadas cos mesmos a través dun intercambio de ideas entre comunidades empresariais e de investigación e innovación.

PRESENZA NO MERCADO

Así mesmo, durante a súa intervención, a presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rosa M. Menéndez, asegurou que existe unha tendencia á alza da posición de nanomateriais de carbono no mercado, aínda que recoñeceu a desvantaxe que supón o seu elevado custo. No entanto, avanzou que se espera que se manteña a oferta de compostos tradicionais mentres se profunda na investigación sobre os de menor tamaño.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, defendeu ademais unha aposta por pezas elaboradas con materiais de menor peso e con mellores propiedades mecánicas. Deste xeito, afirmou que é preciso continuar nesta liña de investigación para incrementar a fortaleza e a presenza do tecido produtivo e chamou á colaboración público-privada para permitir o desenvolvemento de materiais compostos.

O técnico da Axencia Galega da Industria Forestal, Xosé Francisco Pedras, destacou a gran presenza de residuos agroforestais en Galicia que poden ser utilizados como “materia prima secundaria en biocomposites e biocombustibles”.

APLICACIÓN DE MATERIAIS

Este mércores pola tarde terán lugar distintos relatorios nos que se abordarán a aplicación dos materiais compostos ao sector da automoción e a obtención de produtos con valor engadido a través da súa combinación coa nanotecnoloxía.

Adicionalmente, exporanse a funcionalidade destes compoñentes no sector da defensa e na transformación do transporte. Este xoves as actividades tamén se centrarán en temas como os procesos de fabricación e as técnicas de unión de materiais, así como a súa aplicación e a súa relación coa sustentabilidade e a reciclaxe.

No marco do congreso, realizaranse visitas ao CTAG, a planta de PSA Peugeot Citroën na cidade e as empresas Rodman Polyships e Delta Vigo.

ÚLTIMAS

Foanpas entrega 7.000 firmas no Parlamento para esixir o fin das aulas segregadas en Galicia

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais (Foanpas) deu este luns un...

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...