InicioPolíticaO PP reivindicase como alternativa ao PSOE en Vigo e lamenta a...

O PP reivindicase como alternativa ao PSOE en Vigo e lamenta a falta de debates con Caballero

Os populares acusan a Abel Caballero de "subirse a un pedestal" do que "non quere en ningún caso baixar" e pediu o voto para o PP co obxectivo de establecer un "control democrático" ante o "absolutismo" do actual alcalde.

PUBLICADO O

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, reivindicou ao seu partido como a única alternativa ao PSOE e lamentou que o candidato deste segundo partido, Abel Caballero, non participase ningún debate con ela.

Deste xeito, criticou que a postura do rexedor e candidato á reelección impedise aos vigueses “contrastar” os distintos programas electorais das formacións que se presentan ás eleccións municipais deste domingo na cidade.

Nesta liña, acusou a Abel Caballero de “subirse a un pedestal” do que “non quere en ningún caso baixar” e pediu o voto para o PP co obxectivo de establecer un “control democrático” ante o “absolutismo” do actual alcalde. Neste sentido, advertiu de que a formación Marea de Vigo pactaría co PSOE se fose preciso, polo que, ao seu xuízo, só o PP representa unha alternativa á formación socialista.

Ademais, criticou que o goberno local levase a cabo un “aluvión de obras” xusto antes dos comicios, o que, en opinión de Muñoz, demostra a súa inacción durante o últimos catro anos.

Así, lembrou que é “ilegal” que Caballero inaugure obras en período electoral e anunciou que actuará deste xeito coas levadas a cabo en Praza de América. Sobre esta remodelación, criticou tamén que custase dous millóns de euros que poderían destinarse ás parroquias rurais.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...