InicioVigo e contornaVigoPontón critica o "ego" de Caballero e defende o legado do BNG...

Pontón critica o “ego” de Caballero e defende o legado do BNG cando gobernou en Vigo

Defende o modelo municipal nacionalista fronte ás "franquías".

PUBLICADO O

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou este luns en Vigo a “pegada” que a formación nacionalista deixou na cidade cando tivo responsabilidades de goberno local, e pediu o apoio dos cidadáns para que ‘o bloque’ “entre con forza” no Concello olívico e acabe coa “pelexa de egos” entre Abel Caballero e Núñez Feijóo.

Así o manifestou, en declaracións aos medios, tras participar, xunto co candidato á Alcaldía, Xabier P.Igrexas, nun encontro con responsables de COGAMI no barrio de Navia. Ana Pontón puxo este barrio como exemplo da falta de servizos públicos pola confrontación na que “están instalados” o alcalde da cidade e o presidente da Xunta, e que acaban pagando os veciños con falta de dotacións sociais e educativas. “A entrada do BNG no Concello con forza significaría unha aposta moi clara pola política do diálogo, por deixar atrás a confrontación, porque Vigo se constrúe tendendo pontes e non coa confrontación estéril“, sentenciou.

Así mesmo, Pontón incidiu en que o BNG ten un modelo municipal “propio” “que funciona”, fronte a outros partidos en Galicia que actúan como “franquías”: “imitan” o que se fai noutros lugares ou “impoñen políticas fracasadas”.

A ese respecto,lembrou a “pegada” que o nacionalismo deixou en Vigo, cando o BNG ostentaba a Alcaldía olívica ou tivo presenza nos gobernos municipais e apostou pola rehabilitación do Casco Vello, a recuperación e humanización de barrios como O Calvario, ou as políticas de vivenda pública.

ACCESIBILIDADE

Pola súa banda, o candidato á Alcaldía, Xabier P.Igrexas explicou, tras a reunión con COGAMI, que o BNG quere unha cidade “de iguais, inclusiva” e por iso prometeu reactivar o Consello Municipal da Accesibilidade e darlle capacidade de codecisión e participación, non como mero órgano deliberativo “ornamental”.

Unha das primeiras tarefas que abordaría o Consello, explicou sería a elaboración dun novo Plan Municipal de Accesibilidade, no que se recollan medidas transversais para favorecer a inclusión de persoas con diversidade funcional.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...