InicioSucesosDetido un vigués con 55 antecedentes polo roubo dun vehículo

Detido un vigués con 55 antecedentes polo roubo dun vehículo

A investigación iniciouse tras a denuncia dun cidadán, que deixara o seu coche aparcado na rúa Romil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 48 anos de idade, como presunto autor dun delito de roubo con forza cometido no interior dun vehículo.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse tras a denuncia dun cidadán, que deixara o seu coche aparcado na rúa Romil e que, ao ir recollelo, atopouse con que a porta do acompañante esta desencaixada e o portelo roto. Así mesmo, o home detectou que o interior do coche estaba todo revolto, e que faltaban documentación e algúns efectos que deixara nos asentos traseiros.

Tras a inspección ocular e recollida de probas púidose identificar ao posible autor destes feitos e, segundo avanzaba a investigación, atopáronse máis probas que o vinculaban co roubo. Por iso, foi detido e trasladado a Comisaría, onde se comprobou que conta co 55 antecedentes policiais. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...