InicioSociedadeXerencia de Urbanismo de Vigo dará luz verde a próxima semana á...

Xerencia de Urbanismo de Vigo dará luz verde a próxima semana á ordenación provisional de máis de 47.000 parcelas

PUBLICADO O

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará o próximo 6 de maio a ordenación provisional de máis de 47.000 parcelas, tras a resolución das alegacións e a notificación aos propietarios, segundo avanzou o alcalde olívico, Abel Caballero, en declaracións aos medios.

Caballero explicou que, do total de 47.443 parcelas afectadas por esta ordenación, “só” presentáronse 428 alegacións, polo que concluíu que “o nivel de acordo con esta ordenación provisional e co Plan Xeral do 2008 é total”.

Con esta medida urbanística, que a Xunta implementou tras a anulación da PXOM para desbloquear o desenvolvemento de ámbitos de chan urbano consolidado, recupérase o 35 por cento da edificabilidade prevista no plan anulado.

A iso hai que sumar, lembrou o rexedor, o desenvolvemento do ámbito do Barrio do Cura, ou o de áreas industriais, ao amparo da lei 3/2016. Así, salientou, “dáse luz verde ao 50 por cento da edificabilidade da PXOM, e o resto irá, de forma inmediata, despois do verán”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...