InicioPolíticaEn Marea organiza en Vigo unha convención aberta á cidadanía para que...

En Marea organiza en Vigo unha convención aberta á cidadanía para que aporte ideas ao seu programa

En Marea realizará este sábado en Vigo unha convención aberta para que calquera persoa que o desexe poida expor ideas e debater as propostas programáticas para Galicia, coa intención de que a cidadanía se involucre na elaboración do programa electoral para os próximos comicios xerais do 28 de abril.

PUBLICADO O

En Marea realizará este sábado en Vigo unha convención aberta para que calquera persoa que o desexe poida expor ideas e debater as propostas programáticas para Galicia, coa intención de que a cidadanía se involucre na elaboración do programa electoral para os próximos comicios xerais do 28 de abril.

Co lema ‘Decides ti! Unha marea de propostas’, a formación que lidera Luís Villares realizará desde as 10,00, no Hotel Coia, un encontro para “dar forma a un programa electoral aberto e participativo”, que recolla “as demandas da cidadanía” e que “realmente sexa capaz de atender ás necesidades de todas as galegas e galegos”.

Previa inscrición, os interesados poderán participar nun acto encamiñado a elaborar unha “proposta programática social, que amplíe dereitos e permita impulsar un territorio cohesionado e plenamente desenvolvido, capaz de ofrecer calidade de vida” tanto no ámbito rural como no urbano.

Tras a presentación da oferta electoral de En Marea, poranse en marcha catro espazos de traballo simultáneos, nos que os participantes abordarán cuestións relacionadas co Estado e os dereitos sociais; a defensa dos recursos e do ben común; a rexeneración democrática e as liberdades públicas; e a soberanía cidadá, plurinacional e o modelo de Estado e de política exterior.

Despois da primeira posta en común, arrincará unha segunda fase na que se abordarán as necesidades e solucións para cada unha do catro provincias galegas.

Un foro no que se analizará a situación, as carencias e as potencialidades das distintas zonas do territorio galego, no que os participantes poderán achegar as súas ideas programáticas para as diferentes circunscricións.

O ‘Encontro para unha Marea de Ilusión’ inclúe talleres para os activistas que participarán na próxima campaña electoral e concluirá cun debate conxunto no que se porán en común os distintos aspectos abordados ao longo da xornada.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...