InicioSociedadePeinador aumenta un 7,4% o seu número de pasaxeiros

Peinador aumenta un 7,4% o seu número de pasaxeiros

Lavacolla perdeu usuarios no mes de febreiro

PUBLICADO O

O aeroporto de Vigo gañou un 7,4% de pasaxeiros neste mes de febreiro, en comparación co mesmo período do ano pasado. A terminal da Coruña tamén aumentou nun 5% a súa cifra de usuarios, mentres que o aeroporto de Santiago perdeu un 1,2%.

Segundo os datos que publica este martes AENA, en Peinador o incremento de pasaxeiros supón alcanzar un total de 71.263. Dos 681 voos comerciais realizados, 37 foron internacionais. Aquí o movemento de mercadorías creceu un 28,6%.

No caso da terminal compostelá quedou nuns 165.000 pasaxeiros, a práctica totalidade deles son comerciais, con 26.252 persoas que viaxaron en voos internacionais e o resto en nacionais. En total, rexistráronse 1.359 voos en febreiro na capital de Galicia, 215 deles internacionais. A terminal de carga rexistrou un aumento do 5,7% en mercadorías.

Pola súa banda, na terminal da Coruña rexistráronse 90.967 pasaxeiro (+5%), entre os que houbo 8.358 en traxectos internacionais. Dos 1.312 voos, 744 foron comerciais (682 nacionais e 62 internacionais). O tráfico de mercadorías disparouse un 60%.

 

 

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...