InicioSociedadeOs 21 implicados en transportar 1,7 toneladas de cocaína no 'Titán Tercero'...

Os 21 implicados en transportar 1,7 toneladas de cocaína no ‘Titán Tercero’ suman unha fianza de 60 millóns de euros

O xulgado de instrución número 4 de Vigo deu por concluída a instrución da causa aberta tras a interceptación do remolcador 'Titán Tercero' con 1,7 toneladas de cocaína a bordo, e arquivou as actuacións con respecto a algúns dos inicialmente investigados, entre eles Manuel Charlín e un dos seus fillos. A investigación xudicial pechouse finalmente con 21 implicados.

PUBLICADO O

O xulgado de instrución número 4 de Vigo deu por concluída a instrución da causa aberta tras a interceptación do remolcador ‘Titán Terceiro’ con 1,7 toneladas de cocaína a bordo, e arquivou as actuacións con respecto a algúns dos inicialmente investigados, entre eles Manuel Charlín e un dos seus fillos. A investigación xudicial pechouse finalmente con 21 implicados.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz ditou auto de procesamiento contra 21 persoas, das 30 que inicialmente estaban investigadas, e conclúe que resulta “indiciariamente acreditada” a existencia de varias “organizacións criminais, interrelacionadas entre si” que funcionaban como “auténticas prestadoras de servizos” para outras organizacións e que se dedicaban ao tráfico de drogas cara á Península Ibérica.

Unha desas operacións foi abortada en agosto de 2018, cando efectivos policiais e de Aduanas abordaron na madrugada do día 7 ao remolcador ‘Titán Terceiro’ entre Funchal e Azores. A bordo levaba 1.700 quilos de cocaína, valorados en 59,2 millóns de euros, e que ían ser recollidos por un pesqueiro.

O remolcador saíra do porto de Dakar (Senegal) en dirección á costa de Güiana-Surinam para a carga da droga. Posteriormente, a cocaína se enviaría ao pesqueiro ‘Sempre Cacharelos’, coa previsión de aloxala nalgún punto da costa galega e, a continuación e unha vez en terra, transportala por estrada en furgoneta.

Os plans da organización víronse truncados porque o remolcador quedou á deriva na tarde do 6 de agosto, e para garantir a seguridade da operación, as forzas policiais e Vixilancia Aduaneira decidiron proceder á abordaxe na madrugada.

Ese mesmo día 7 de agosto, outros membros da organización partiron no ‘Sempre Cacharelos’ desde o porto de Ribeira (A Coruña), e o pesqueiro foi abordado ao día seguinte.

Segundo se reflicte no auto de procesamiento, as pescudas policiais remóntanse a máis dun ano antes desta operación, e exploráronse varias vías de investigación, dado que os procesados estiveron implicados na preparación doutras accións que, finalmente resultaron erradas.

Así, a organización barallou a posibilidade de introducir droga a través de colectores facendo uso de empresas de importación de pedra e carbón; e tamén realizaron xestións para facer a operación a través dun barco abastecedor e un pesqueiro.

Nos primeiros momentos da investigación, existiron indicios (como se deduciu das conversacións intervidas e as reunións celebradas) de que Manuel Charlín e un dos seus fillos participaron nos preparativos e coordinación dun transporte de droga desde Sudamérica. De feito, un dos investigados viaxou a Ecuador e Colombia, e o propio fillo de Charlín reuniuse en Portugal con outros contactos.

Paralelamente a esas xestións, o grupo, “puenteando” aos ‘charlines’, mobilizouse para buscar barcos en España para realizar o transporte da droga. E foi esta vía a que frutificou, cando un dos integrantes da organización se puxo en contacto co armador e patrón do ‘Titán Terceiro’.

O xuíz de instrución acordou que se siga a causa contra 21 persoas, mentres que se arquiva con respecto ao resto, entre quen están Manuel Charlín e un dos seus fillos, que foron detidos cando se desencadeou a operación policial. A causa séguese polos supostos delitos de tráfico de drogas en cantidade de notoria importancia e pertenza a organización criminal.

Entre os procesados están o grupo encargado de pór en contacto aos donos da droga cos transportistas (nel destacan o ‘histórico’ Jacinto S.V., a súa muller e o seu fillo); o grupo que xestionou os contactos cos donos da droga, cuxo representante era un cidadán afincado en Marbella, pero natural de Güiana; o patrón e os tripulantes do ‘Sempre Cacharelos’; e o patrón e os tripulantes do ‘Titán Terceiro’.

Segundo o auto de procesamiento, o maxistrado tomará declaración indagatoria aos 21 investigados o próximo 25 de abril, e requírelles para que, de forma conxunta e solidaria, presten fianza por valor de 59,2 millóns de euros. Así mesmo, ratifica a prisión provisional para 7 dos procesados.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...