InicioSucesosTres anos de cárcere por vender drogas nun cemiterio de Vigo

Tres anos de cárcere por vender drogas nun cemiterio de Vigo

PUBLICADO O

Un home, J.S.P., foi condenado a tres anos de prisión e ao pago dunha multa de 600 euros por un delito de tráfico de estupefacientes cometido no cemiterio de Santo Tomé de Freixeiro, en Vigo.

A pena de cárcere será suspendida por un período de catro anos e condicionada á non reincidencia, así como ao seguimento dun proceso de deshabituación do consumo de sustancias, segundo trasladou este martes a Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

O xuízo non tivo lugar debido a unha conformidade entre ambas as partes, que acordaron que, por cada 100 euros non abonados da multa fixada, aceptarase unha pena dun día de privación de liberdade. Ademais, J.S.P. deberá someterse a probas periódicas co fin de garantir o seguimento do proceso de desintoxicación.

Na resolución xudicial aplicouse a atenuante leve de drogadicción e comunicouse o comiso dunha balanza de precisión e unha arma branca, así como de dez euros do acusado que foron intervidos no proceso. Así mesmo, trasladouse que non procede a esixencia de responsabilidade civil.

Nun principio, a Fiscalía solicitara catro anos e nove meses de cárcere para o acusado neste caso, que procedía do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...