InicioMovementos SociaisSegue sen chegar o desbloqueo de capital necesario para que Vulcano regrese...

Segue sen chegar o desbloqueo de capital necesario para que Vulcano regrese ao traballo

O estaleiro vigués Vulcano deberá presentar unha "folla de ruta" pactada cos seus traballadores e cos das empresas auxiliares, onde "estableza as especificacións técnicas e económicas" que require para terminar o ferri que ten nas súas bancadas.

PUBLICADO O

O estaleiro vigués Vulcano deberá presentar unha “folla de ruta” pactada cos seus traballadores e cos das empresas auxiliares, onde “estableza as especificacións técnicas e económicas” que require para terminar o ferri que ten nas súas bancadas.

Así se acordou nunha reunión celebrada en Madrid, entre representantes de Igape, a naviera Armas, o Banco Santander (dono do barco) e Pymar.

Fontes da Xunta sinalaron que todas as partes “acordaron a necesidade de que o estaleiro termine o barco”, e así o trasladaron a Vulcano, que se sumou posteriormente ao encontro.

Os traballadores de Vulcano esixen unha solución/ Miguel Núñez

Por tanto, a empresa deberá trasladar ao Banco Santander e a Armas esa planificación, e as partes quedaron emprazadas a unha próxima reunión, que aínda non ten data concreta.

Así as cousas, o escenario non variou substancialmente, xa que segue sen confirmarse o desbloqueo dos avais e o financiamento necesario para que o estaleiro conclúa o ferri.

No entanto, fontes de Vulcano trasladaron que a naviera Armas estaría disposta a aceptar un plan de traballo para 42 días, que empezarían a contar no momento en que o persoal de Vulcano e os operarios das subcontratas entrasen a traballar de forma efectiva.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...