InicioVal MiñorNigránInvestigados tres menores por danos en sete vehículos e un chiringuito de...

Investigados tres menores por danos en sete vehículos e un chiringuito de Nigrán

Os feitos tiveron lugar a finais de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos da Garda Civil de Baiona-Nigrán investigaron a tres menores de Nigrán como presuntos autores dun delito continuado de danos intencionados sobre sete vehículos que se atopaban estacionados nas inmediacións de Praia América, así como nun chiringuito que abre en época estival da mesma localidade.

Segundo informou o Instituto Armado, tivo coñecemento dos danos ocasionados a estes vehículos ao recibir as denuncias dos afectados, por feitos que tiveron lugar a madrugada do 22 do pasado mes de agosto.

Nos sete casos denunciados, “os coches presentaban patadas ou golpes con algún tipo de obxecto contundente nos espellos retrovisores”, indican as mesmas fontes. A Benemérita concretou que os vehículos estaban estacionados nas inmediacións de Praia América e o chiringuito nas pistas de tenis que hai no mesmo areal.

Ao mesmo tempo, a Policía Local de Nigrán, despois de ser requirida polos mesmos feitos, identificou os tres mozos, menores de idade, autores dos danos.

Por iso procedeuse á investigación do tres menores como presuntos autores dun delito continuado de danos, pola rotura de espellos retrovisores de sete vehículos estacionados na zona de Praia América, e os ocasionados polo lanzamento de cadeiras e mesas de terraza contra un chiringuito de praia situado nesta mesma zona.

Deste xeito, instruíronse dilixencias que foron remitidas á Fiscalía de Menores de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...