InicioVal MiñorGondomarSabes quen foi o primeiro locutor de radio que retransmitiu en directo...

Sabes quen foi o primeiro locutor de radio que retransmitiu en directo eventos deportivos?

PUBLICADO O

Non foi Matías Prats. Era galego, doutor en dereito, xornalista e locutor que nacido en Gondomar en 1907. O seu nome, Carlos Fuertes Peralba.

A súa fama viulle dada despois da retransmisión dos partidos do mundial de fútbol de Italia en 1934, “cuando desde Roma hizo llegar a los oyentes la emoción de aquellas jornadas del deporte español” recollido así no obituario publicado o 24 de novembro de 1965 no diario ABC despois do seu falecemento e enterro con apenas 58 anos.

No ano 1940 pasaba a formar parte da axencia EFE dirixindo a sección deportiva chamada ALFIL e en 1964 recollía o premio “Antena de Oro” da Agrupación Sindical de Radio e Televisión, xunto a Matías Prats, entre outros.

Hoxe, 13 de febreiro, Día Mundial da Radio o actual alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, fixo mención ao recordo deste profesional veciño da vila e ao seu fito histórico como pioneiro locutor radiofónico deportivo.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...