InicioVal MiñorBaionaUnha veciña de Baiona descobre que pasou o COVID19 un mes despois...

Unha veciña de Baiona descobre que pasou o COVID19 un mes despois do contaxio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Así o explicou esta mañá aos micros da TVG Susana Otero, veciña de Sabarís que descubriu que tiña o virus un mes despois de terse contaxiado, pasando a enfermidade cunha sintomatoloxía leve.

“Máis ou menos sobre o 20 de marzo un compañeiro meu deu positivo. Eu chamei porque me doía a cabeza e tiña catarro. Sobre todo quería sabelo porque teño un fillo que é diabético. Cando chamei dixéranme que non, que tiña febre que non facía falta facer o test. Unha semana despois volvín a chamar para dicirlles que estaba preocupada. Insistiron en que non. Uns 25 días máis tarde contactei coa miñá médica de cabeceira. Ela mandoume facer a proba e dei positivo. Xa pasara case un mes desde o contaxio”.

Durante ese mes eu mantiven a miña vida de traballo, mantendo precaucións. Tamén convivín coa miña familia con normalidade. A eles tamén lles doía un pouco a cabeza, pero nada máis. Tiveron que pasar o virus todos eles tamén”.

Ver video da entrevista completa na TVG aquí

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...