InicioVal MiñorNigránA Xunta prohibe todas as fogueiras de San Xoán en Nigrán, mentres...

A Xunta prohibe todas as fogueiras de San Xoán en Nigrán, mentres publicita un manual de como facelas

PUBLICADO O

Así o comunicou nun bando emitido polo Concello de Nigrán criticando a tardanza no cambio de criterio para a súa suspensión, a tan só unhas horas da propia noite de San Xoán.

BANDO

A XUNTA DE GALICIA  COMUNICOU ESTA MAÑÁ AO CONCELLO DE NIGRÁN QUE QUEDAN PROHÍBIDAS TODO TIPO DE FOGUEIRAS NESTA NOITE DO 23 AO 24, INCLUSO AS PARTICULARES XA AUTORIZADAS POR ESTE CONCELLO, POLO QUE FACEMOS SABER QUE NINGUNHA FOGUEIRA SE PODERÁ LEVAR A CABO EN NIGRÁN POR ORDEN DA XUNTA DE GALICIA, NIN SEQUERA AS QUE ESTABAN XA AUTORIZADAS.

O resto de concellos do área de Vigo non se pronunciaron ao respecto sobre si tamén recibiron instruccións por parte da Xunta para rebocar os permisos concedios para a realización de fogueiras particulares.

O seu alcalde, Juan González sinalaba en redes “A Xunta comunicounos esta mañán que quen faga na súa finca unha pequena fogueira será fortemente multado… que tanto lle ten que teñan ou non autorización do concello de Nigrán. Definitivamente, non entenden nada… que mágoa!!! 😡

Por outra banda a Xunta de Galicia publicita na rede unha infografía do 112 Galicia indicando o xeito de facer as cacharelas na situación da COVID19 actual.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...