InicioSucesosA "factura" da Festa da Arribada: 73 positivos en alcol e 7...

A “factura” da Festa da Arribada: 73 positivos en alcol e 7 en outras drogas

Un mozo portugués foi interceptado dúas veces na mesma noite.

PUBLICADO O

A Garda Civil detectou un total de 80 condutores que deron positivo por alcol ou drogas no marco do operativo despregado na localidade pontevedresa de Baiona e os seus arredores con motivo da celebración da Festa da Arribada, que tivo lugar o fin de semana de entre o 1 de febreiro e o 3 de marzo.

Así, segundo informa este venres a Benemérita da provincia de Pontevedra, levaron a cabo 1.118 probas nas que 80 condutores superaron os niveis máximos establecidos. Deles, 73 foron por alcol e sete en drogas, dos que máis da metade deron positivo en catro sustancias estupefacientes distintas.

A maior parte dos condutores que deron positivo en alcol foron homes con idades comprendidas entre os 18 e os 24 anos. Algo máis do 90%, concretamente 66, foron interceptados en controis preventivos; outro cinco foron localizados tras cometer infraccións e dous despois de protagonizar un accidente de circulación.

No seu comunicado, a Garda Civil destaca o caso dun condutor portugués, residente no Porto e de 30 anos de idade, que foi interceptado ao volante baixo os efectos do alcol en dúas ocasións durante a mesma noite.

A primeira delas produciuse ás 03,30 horas do sábado día 2. Catro horas máis tarde, o mesmo condutor foi interceptado a poucos quilómetros do lugar onde fora detido por primeira vez cando circulaba en dirección Vigo.

Así mesmo, outro condutor foi neutralizado cando tratou de eludir un control da Garda Civil. Tras detelo, os axentes comprobaron que circulaba sen permiso de condución por perda de puntos e baixo os efectos do alcol e de drogas –cocaína e anfetaminas–. Neste caso concreto, o Instituto Armado instruíu dilixencias penais que se remitiron ao Xogado de Instrución de garda en Vigo.

Por outra banda, tamén no marco do operativo especial pola Festa da Arribada, a Garda Civil formulou un total de 82 denuncias por infraccións de circulación e seguridade viaria.

Delas, máis da metade (44) foron por excesos de velocidade, 13 por exceso de pasaxeiros, doce por utilizar placas de matrícula non homologadas, oito por non utilizar o cinto de seguridade, tres por carecer do permiso de conducir e dous por non respectar a distancia de seguridade entre vehículos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...