InicioSucesosIdentifican dúas veces en 24 horas a un septuaxenario que recollía ilegalmente...

Identifican dúas veces en 24 horas a un septuaxenario que recollía ilegalmente ameixa na zona de Teis

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo identificou e propuxo para sanción a un veciño da cidade, M.A.M., de 77 anos de idade, por extraer ameixa de forma ilegal en areais da parroquia de Teis, e que foi sorprendido dúas veces en dous días consecutivos realizando esta actividade.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención tivo lugar ao mediodía do pasado 1 de setembro, cando o 092 recibiu un aviso para acudir á praia da ETEA, debido á presenza dun ‘furtivo’ que estaba a recoller marisco nunha zona que, ademais está en veda e cun informe que alerta de toxinas.

Cando os axentes chegaron viron ao home, que ao decatarse da súa presenza saíu da auga cunha bolsa de plástico, co marisco no seu interior, e unha pequena aixada. O sospeitoso recoñeceu ante os policías que a súa intención era vender as ameixas, aínda que matizou que non sabía se había toxinas no lugar.

Ao día seguinte, pouco antes das 15,00 horas, outra patrulla acudiu á praia da Guía, tamén en Teis, alertada por un novo caso de furtivismo. O sospeitoso resultou ser o mesmo home identificado 24 horas antes.

Ao home volvéuselle a ocupar unha bolsa que contiña 2,3 quilos de ameixas e informóuselle de que, dado que xa fora advertido de que non podía realizar esa actividade, e que a zona estaba pechada por risco sanitario, sería proposto para sanción.

Por outra banda, ese mesmo día, a Policía Local identificou a outro ‘furtivo’ na praia da illa de Toralla. O home, X.L.R., de 38 anos de idade, foi sorprendido extraendo percebe. Segundo relatou aos axentes, os 4,6 quilos de marisco extraído era para o seu propio consumo. No entanto, dado que o home non tiña licenza, incautáronselle os percebes, que foron entregados a unha entidade social da cidade.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...