InicioSucesosAlerta en Arbo por un lume próximo a un polígono industrial

Alerta en Arbo por un lume próximo a un polígono industrial

A Xunta activa o nivel de alerta 2 ante o perigo das chamas.

PUBLICADO O

O incendio forestal activo na localidade pontevedresa de Arbo calcinou xa 70 hectáreas, despois de que a Xunta de Galicia puxese en marcha de forma preventiva a ‘Situación 2’ debido á súa proximidade a un polígono industrial. Tal como informou o Goberno galego, este incendio entrou por Portugal ás 15,40 horas desta tarde e permanece aínda activo na parroquia de Barcela, en Arbo.

Ata o momento mobilizáronse para controlalo un técnico, catro axentes, nove brigadas, oito motobombas, dúas pas, dous avións e tres helicópteros. Ademais, solicitouse a intervención da Unidade Militar de Emerxencia (UME).

Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén existe un número de teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900.815.085.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...