InicioSucesosCanto lle custou á Xunta a atención dos feridos no accidente do...

Canto lle custou á Xunta a atención dos feridos no accidente do Marisquiño?

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) pídelle á Xunta que os responsables do accidente paguen a factura dos gastos médicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) xa cuantificou o que lle custou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) os gastos do accidente no Porto de Vigo. Uns gastos que estiman en 300.000 euros a falla de efectuar un informe final.

Nun comunicado remitido este mércores, a entidade asegurou que, segundo a vixente Orde de Tarifas do Sergas, a estancia en UVI, UCI ou unidades asimiladas –de atención especializada, servizos de reanimación, unidades de queimados, lesionados medulares ou calquera outra que teña establecida o centro hospitalario–, facturarase por 1.109,06 euros.

Ademais, asegura que a tarifa de hospitalización en centros hospitalarios por día de estancia e cama ocupada é de 513,48 euros e, por urxencia hospitalaria non ingresada, de 351,01 euros. Ademais, por primeiras consultas ambulatorias a tarifa ascende a 169,97 euros.

Ademais, para a asociación, as sucesivas consultas de seguimento que serán necesarias tamén van supor unha “sobrecarga asistencial” nos centros de saúde do Concello de Vigo e limítrofes. Así mesmo, sinala que os procesos de baixa laboral terán tamén un “impacto económico elevado, segundo a gravidade das lesións”.

Por iso, reclama que a atención sanitaria aos case 400 feridos polo accidente do Marisquiño de Vigo vai supor un “forte gasto económico” para o Sergas e que “debería ser asumido pola ou as institucións ás que se considere en última instancia responsables do accidente”. “En ningún caso, deben ser afrontados polo sistema público de saúde”, indicou.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...