InicioSucesosDetidos en Vigo por dous roubos en farmacias, ás que entraron rompendo...

Detidos en Vigo por dous roubos en farmacias, ás que entraron rompendo o cristal cunha tapa de sumidoiro

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes e unha muller, todos de nacionalidade española, como presuntos autores de dous roubos con forza cometidos en senllas farmacias da zona de Teis.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes e unha muller, todos de nacionalidade española, como presuntos autores de dous roubos con forza cometidos en senllas farmacias da zona de Teis.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, cando un particular alertou á Policía de que estaba a ver desde o seu domicilio a tres persoas, dous homes e unha muller, que rompían o cristal dunha farmacia cunha tapa de sumidoiro e, tras roubar no interior, fuxían nun vehículo.

Poucos minutos despois, o 091 recibía outra chamada avisando doutro roubo con forza, tamén nunha farmacia, e nunha zona próxima á anterior. Os ladróns utilizaran o mesmo ‘modus operandi’.

Cando os axentes se desprazaron á zona, localizaron un vehículo circulando a gran velocidade pola rúa Sanjurjo Badía, e cuxo condutor chocou contra outro coche que estaba parado nun semáforo.

A Policía comprobou que se trataba do vehículo conducido polos sospeitosos dos roubos e que, no interior, viaxaban tres persoas, dous homes e unha muller, cuxo aspecto coincidía coa descrición facilitada pola testemuña.

Tras darlles o alto e identificarse como axentes, os funcionarvos instaron a esas persoas a saír de coche, pero os sospeitosos negáronse e tiveron que ser sacados pola forza.

A Policía confirmou, tras entrevistarse coa testemuña e visionar as cámaras de seguridade das farmacias, que os tres sospeitosos eran os presuntos autores dos roubos, polo que se procedeu á súa detención, e posta a disposición do xulgado de instrucción 3 de Vigo.

Ao realizarlles un cacheo de seguridade en dependencias policiais, atopáronse entre as súas pertenzas 175 euros, diversos billetes de orixe estranxeira, material sanitario, ferramentas e outros efectos. Ademais, un dos detidos presentaba feridas nunha man, posiblemente provocadas ao romper os cristais das farmacias.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...