InicioSucesosDúas persoas trasladadas ao hospital despois dun incendio nunha vivenda en Ponteareas

Dúas persoas trasladadas ao hospital despois dun incendio nunha vivenda en Ponteareas

O 112 Galicia tivo constancia do lume pasados uns minutos das 16,00 horas grazas á chamada de varios particulares que indicaban que vían saír lume pola xanela da vivenda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas foron trasladas ao hospital e outra necesitou asistencia sanitaria tras producirse un incendio nunha vivenda do municipio pontevedrés de Ponteareas, que obrigou a evacuar a todos os veciños do inmoble.

Segundo informou o CIAE 112, o suceso tivo lugar na segunda planta dun edificio de catro pisos situado na Avenida Rosalía de Castro.

As chamas calcinaron por completo un dormitorio e o fume afectou á totalidade da vivenda, na que caeu parte da placa do teito, o que impedirá que tanto os ocupantes desta vivenda como os do piso superior pasen a noite nas súas casas.

O 112 Galicia tivo constancia do lume pasados uns minutos das 16,00 horas grazas á chamada de varios particulares que indicaban que vían saír lume pola xanela da vivenda. Ademais, algúns dos alertantes asegurou que se escoitaban berros dunha muller que pedía axuda nun balcón.

A partir de aí, desde o 112 Galicia informouse os membros do GES-SPEIS de Ponteareas, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén os Bombeiros de Porriño foron informados, polo seu fose necesario prestar apoio. Tamén se pasou o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tras apagar o lume e ventilar a zona, os Bombeiros deron por finalizada a súa intervención.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...