InicioInterceptan un veciño de Tui con haxix, cocaína e máis de 2.000...

Interceptan un veciño de Tui con haxix, cocaína e máis de 2.000 euros en efectivo

Vén de ser detido por tráfico de drogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Tui de 40 anos de idade por un suposto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, tras serlle incautado algo máis de 2.000 euros en efectivo e distintas cantidades de estupefacentes, como haxix e cocaína, supostamente dispostas para a venda.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron o pasado fin de semana no transcurso dun dispositivo de carácter preventivo que establecera a patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Tui no cruzamento da estrada PO-350 coa EP-3003, na parroquia de Randufe.

“A actitude sospeitosa do condutor dun dos vehículos interceptados no dispositivo propiciou que os integrantes do control realizasen unha minuciosa inspección do turismo que desprendía un forte cheiro a marihuana”, indican as mesmas fontes. No rexistro superficial que se lle fixo ao condutor os axentes atoparon escondido entre as súas roupas unha pedra de haxix que pesaba 84,5 gramos e 37,2 gramos de cocaína distribuída en varias bolsas de plástico, ademais de 2.008 euros en efectivo.

Ao existir “indicios racionais” que predeterminaban a venda como o posible destino da droga, sinala a Benemérita, procedeuse á detención do condutor e único ocupante do vehículo como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de estupefacientes.

Unha vez instruídas as dilixencias este individuo quedou en liberdade coa obrigación de comparecer cando se citado no xulgado de Instrución de garda de Tui, onde se fixo entrega da droga e os demais efectos intervidos.

ÚLTIMAS

Petición de cárcere para os autores dun atraco armado a unha sucursal de Abanca

A Fiscalía pide penas de 5 anos e 4 anos e 8 meses de...

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...