InicioVigo e contornaMosTres feridos nunha colisión múltiple en Mos

Tres feridos nunha colisión múltiple en Mos

No accidente víronse implicados catro vehículos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión múltiple en Mos na que se viron implicados catro vehículos saldouse con tres persoas feridas, segundo informou o 112. O accidente produciuse na A-55, á altura da saída 14, en Sanguiñeda, dirección O Porriño.

O 112 informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Porriño e aos membros do GES e do Servizo de Emerxencias de Mos. Do mesmo xeito, tamén foron avisados os axentes da Policía Local.

Unha vez no lugar, os membros do GES confirmaron o traslado de tres persoas por parte dos servizos sanitarios, aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...