InicioSucesosUn veleiro con 2 toneladas de cocaína chega este venres a Vigo...

Un veleiro con 2 toneladas de cocaína chega este venres a Vigo logo de ser interceptado

Froito das investigacións foron detidos os dous tripulantes do veleiro e outro tres persoas, membros dunha organización dedicada ao narcotráfico e afincados en localidades da provincia de Málaga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O porto de Vigo recibirá este venres un veleiro que navega escoltado polo buque de Vixilancia Aduaneira ‘Petrel’ e que foi interceptado cuns 2.000 quilos de cocaína en augas do Atlántico Norte.

Aínda que non transcenderon detalles da operación, sábese que se trata dun dispositivo conxunto despregado por Vixilancia Aduaneira e polo GRECO da Policía Nacional (con axentes de Galicia e de Andalucía), desenvolvido no mar e na zona da Costa do Sol.

Froito das investigacións foron detidos os dous tripulantes do veleiro e outro tres persoas, membros dunha organización dedicada ao narcotráfico e afincados en localidades da provincia de Málaga.

O veleiro foi abordado en augas do Atlántico Norte cando se dirixía a España e está previsto que, á súa chegada ao porto de Vigo, procederase ao rexistro da embarcación e á pesada da droga por parte da comisión xudicial.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...