InicioSucesosUn condutor é observado derrapando por Vigo... e supera o límite penal...

Un condutor é observado derrapando por Vigo… e supera o límite penal da proba de alcoholemia

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo que patrullaban este domingo pola Avenida de Galicia recibiron o aviso dun cidadán para informoulles de que acababa de ver ao condutor dun turismo derrapando. Tras atopalo, foi sometido a unha proba de alcoholemia cun resultado de 0,92 mg/l de aire expirado.

Os axentes localizaron o devandito condutor na mesma Avenida, polo que procederon
a darlle o alto, tratándose dun varón de 26 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, o cal
conducía un turismo da marca Renault Magane.

No momento da identificación comprobaron que presentaba síntomas de atoparse baixo
os efectos do consumo de bebidas alcohólicas, e tras realizar a proba preceptiva de determinación do grado de impregnación alcohólica, esta arroxou un resultado positivo de 0,92 mg/l de aire expirado na primeira proba e 0,87 mg/l na segunda proba, sendo encartado en dilixencias xudiciais en calidade de investigado por un presunto delito contra a Seguridade Vial ao superar o limite penal establecido.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...