InicioSociedadeFalece en Uruguai un mariñeiro galego con COVID, tripulante dun pesqueiro cangués

Falece en Uruguai un mariñeiro galego con COVID, tripulante dun pesqueiro cangués

O home, do mesmo xeito que outros compañeiros, empezou a manifestar síntomas da infección hai uns días e foi trasladado a un centro sanitario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mariñeiro galego, tripulante dun pesqueiro cangués, faleceu nas últimas horas en Montevideo (Uruguai), debido ao Covid-19, segundo confirmaron fontes municipais de Cangas, onde este venres se gardou un minuto de silencio durante a celebración do Pleno.

Trátase dun veciño de Cangas, tripulante da pesqueiro ‘Praia de Sartaxéns‘, da armadora canguesa Moradiña, que estaba ingresado nun hospital da capital uruguaia.

O home, do mesmo xeito que outros compañeiros, empezou a manifestar síntomas da infección hai uns días e foi trasladado a un centro sanitario. O seu estado empeorou e ingresou na UCI, onde acabou falecendo.

ÚLTIMAS