InicioSucesosUnha persoa ferida en Tui nunha colisión entre dous vehículos

Unha persoa ferida en Tui nunha colisión entre dous vehículos

Un dos vehículos implicados realizou unha chamada automática a través do sistema 'eCall' o que permitiu coñecer aos servizos de emerxencia a localización exacta do sinistro.

PUBLICADO O

Unha persoa resultou ferida por mor dunha colisión entre dous turismos, un dos cales chegou a envorcar, na estrada que comunica os concellos pontevedreses de Gondomar e Tui.

Segundo informa o 112 Galicia, sobre as 17,00 horas deste martes recibiu a chamada dun particular que informaba dun choque entre dous vehículos, na PO-340, ao paso pola parroquia tudense de Randufe. Pedía asistencia sanitaria para os posibles feridos e atrapados.

De feito, un dos vehículos implicados realizou unha chamada automática a través do sistema ‘eCall’ o que permitiu coñecer aos servizos de emerxencia a localización exacta do sinistro.

O 112 deu o aviso aos bombeiros do Baixo Miño e aos membros do GES da Guarda aínda que, xa no lugar, descartouse o uso do material de excarceración tras comprobar que o único ocupante do vehículo envorcado estaba liberado.

Ademais, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes de Tráfico e da Policía Local, e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Finalmente, a persoa ferida foi evacuada con lesións de diversas consideración a un centro hospitalario.

O accidente deixou restos na vía, polo que foi necesaria a participación do persoal de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para habilitar de novo as condicións de seguridade na calzada.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...