InicioSucesosAtrapada unha persoa nun camión que transportaba porcos vivos e que envorcou...

Atrapada unha persoa nun camión que transportaba porcos vivos e que envorcou na A-52 na Cañiza

Como consecuencia deste accidente foi cortado un carril de circulación sentido Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa quedou atrapada nun camión que envorcou nun accidente rexistrado na mañá deste venres na autovía A-52 ao seu paso polo termo municipal da Cañiza.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, sobre as 9,00 horas deste venres unha persoa particular alertou deste sinistro rexistrado no quilómetro 275 da A-52 sentido Vigo ao seu paso pola Cañiza.

As mesmas fontes apuntaron que o camión sinistrado transportaba animais vivos. Por iso, ademais de persoal sanitario do 061, foron mobilizados GES de Ponteareas, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Baixo Miño e Vigo, así como o GES de Ribadavia.

Por parte do Instituto Armado concretaron que o camión se saíu da vía e envorcou cando circulaban polo quilómetro 275 da A-52 sentido Vigo, debido ao que unha persoa resultou ferida e outra ilesa.

Como consecuencia deste accidente foi cortado un carril de circulación e efectivos de emerxencias procederon a comprobar a situación dos porcos que transporta o vehículo, “bastantes vivos”, indicaron por parte da Benemérita.

ÚLTIMAS

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a poxa por 62.000 euros o narcobuque ‘Gure Leire’

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo acordou poxar o pesqueiro vasco...

O BNG esixe a Abel Caballero que rompa o “muro de silencio” ante as 41.000 queixas veciñais presentadas en Vigo

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu este luns "acabar co muro de...