InicioSucesosO TSXG confirma a condena a máis de 30 anos de cárcere...

O TSXG confirma a condena a máis de 30 anos de cárcere ao asasino de Ana Enjamio

O tribunal remarcou "a conduta de fustrigación reflectida en múltiples actos declarados probados polo xurado", que relacionou con "ese sentimento de superioridade do home sobre a muller".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a condena a 30 anos e 4 meses de prisión a César Adrio Otero, como autor do asasinato da súa ex parella, Ana Enjamio, ocorrido en Vigo na madrugada do 16 ao 17 de decembro de 2016.

O acusado fora condenado como autor dun delito de asasinato con aleivosía e ensañamento pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que tamén contemplou as agravantes de xénero e de parentesco, á pena de 25 anos de prisión.

Ademais, considerouno responsable dun delito de acoso, concorrendo a agravante de parentesco, á pena de 20 meses de cárcere; e dun delito de vulneración da intimidade, coa agravante de parentesco, a tres anos e oito meses de prisión.

Adicionalmente, a Sala do Civil e Penal do alto tribunal galego concluíu que a agravante de discriminación por razón de xénero debe aplicarse tamén aos delitos de acoso e contra a intimidade, aínda que non modificou a pena fixada polo presidente do Tribunal do Xurado na súa metade superior.

Na sentenza de apelación, sinalou que a conduta do acusado desde a finalización da súa relación coa vítima ata o falecemento da mesma mostra a súa “intención de deixarlle clara a súa superioridade sobre ela”. Así, o tribunal remarcou “a conduta de fustrigación reflectida en múltiples actos declarados probados polo xurado”, que relacionou con “ese sentimento de superioridade do home sobre a muller”.

En concreto, a defensa do home solicitara na vista de apelación na Sala do Civil e Penal do TSXG a súa absolución por unha “defectuosa valoración procesual” e pola “vulneración de dereitos fundamentais”.

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...