InicioSucesosCatro mozos detidos como presuntos autores de máis dunha vintena de roubos...

Catro mozos detidos como presuntos autores de máis dunha vintena de roubos no Val Miñor

Outras dúas persoas tamén están investigadas por uns feitos que se prolongaron no tempo durante dous anos e que afectaron a establecementos públicos e bares de Nigrán, Baiona, Gondomar, Tui e Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Nigrán a catro persoas e tamén investiga a outras dúas como os presuntos autores de máis dunha vintena de roubos durante anos na comarca do Val Miñor.

A maior parte dos roubos con forza foron cometidos en establecementos públicos, bares e cafetarías da zona do Val Miñor, segundo precisou este sábado a Garda Civil nun comunicado.

Os axentes de Baiona-Nigrán foron os encargados de efectuar as detencións o pasado xoves. En concreto, acusaron a seis mozos de entre 18 e 23 anos de estar implicados en 22 delitos cometidos durante 2019 e 2020 nos municipios de Baiona, Nigrán, Gondomar, Tui e Vigo.

Segundo informou a Garda Civil, os mozos detidos contan cun “amplo historial delituoso”. Dezanove dos roubos foron delitos contra a propiedade con forza; un roubo en interior de vehículo, outro de simulación de delito, e outro máis de danos.

O ‘modus operandi’ consistía en acceder aos locais forzando as fechaduras de portas e xanelas. As investigacións concluíron coa recuperación de numerosas caixas de máquinas recreativas e de tabaco, moedeiros e luvas utilizadas nos roubos.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución 2 de Vigo, así como en Fiscalía de Menores de Pontevedra, ao ser un dos detidos menor de idade cando suceden os feitos.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...