InicioSucesosDeteñen un mozo no Porriño que estaba reclamado por un xulgado de...

Deteñen un mozo no Porriño que estaba reclamado por un xulgado de Ourense

O mozo foi interceptado xunto coa súa parella nun control da Garda Civil dentro do contexto do estado de alarma.

PUBLICADO O

A Garda Civil detivo no termo municipal do Porriño un mozo de 20 anos reclamado por un xulgado de Ourense ao ser interceptado nun control de mobilidade no marco do estado de alarma cando con viaxaba coa súa parella sen causa xustificada.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon sobre as 21,00 horas do pasado domingo, día 12, no quilómetro 303 da autovía A-52, no termo municipal do Porriño.

Alí unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil identificou a dúas persoas que circulaban nun turismo “sen causa xustificada e en circunstancias non axustadas”, puntualizaron as mesmas fontes, ao establecido polas normas para o control do coronavirus.

Cando os axentes realizaron as comprobacións sobre os ocupantes do vehículo, verificaron que o condutor, un mozo de 20 anos e veciño de Mos, tiña unha orde xudicial de procura, detención e personación, ditada polo Xulgado de Instrución número 1 de Ourense.

Por iso, ademais das denuncias administrativas que se formularon contra os dous ocupantes do vehículo por non respectar as restricións do confinamento, co apoio dunha patrulla do Posto do Porriño procedeuse á detención do condutor que, xunto coas dilixencias instruídas, foi posto a disposición do xulgado de Instrución de garda da mesma localidade.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...