InicioSucesosImaxes exclusivas: chega ao porto de Aldán o narcosubmarino afundido en Punta...

Imaxes exclusivas: chega ao porto de Aldán o narcosubmarino afundido en Punta Couso

Foi arrastrado polo remolcador Insuiña Rande e con apoio de dous barcos pesqueiros da zona. Prisión provisional sen fianza para os dous tripulantes detidos

PUBLICADO O

O narcosubmarino localizado a pasada fin de semana na zona de Punta Couso chegou á primeira hora da tarde deste martes ao porto de Aldán, en Cangas, arrastrado polo remolcador Insuiña Rande e con apoio de dous barcos pesqueiros da zona.

Os labores para reflotar o submarino iniciáronse o luns na zona na que foi afundido, en Punta Couso, á entrada da ría de Aldán. Os mergulladores dos Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil lograron elevalo cuns globos e foi arrastrado ata o interior da baía a última hora da tarde.

Con todo, debido a que quedou enganchado a unhas redes, e os globos perderon algo de aire, a operación de remolque tivo que ser suspendida, e o submarino volveu afundirse a unha abrande do porto de Aldán.

A media mañá deste martes retomáronse os traballos para reflotar a nave e finalmente conseguiuse arrastrala ata o peirao, con axuda de dous pesqueiros que achegaron potencia e estabilidade ao remolque.

Unha vez en porto efectivos de Garda Civil, Vixilancia Aduaneira, e do propio remolcador traballan para achicar auga e facer emerxer completamente ao batiscafo antes de proceder á descarga da droga que se atope no seu interior.

Axentes dos GEOS traballan nos labores de arrastre do ‘narcosubmarino’ ao porto de Aldán (Pontevedra). / Europa Press.

PRISIÓN PARA OS DETIDOS

A xuíza de Cangas que leva a instrución sobre o alixo transportado por un ‘narcosubmarino’ decidiu enviar a prisión provisional comunicada e sen fianza aos dous tripulantes que foron detidos, mentres que un terceiro permanece en busca e captura.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aos dous detidos impútaselles un delito de tráfico drogas en cantidade de notoria importancia.

Ambos os arrestados pasaron a disposición xudicial na tarde deste martes e está previsto que sexan conducidos ao porto de Aldán para presenciar os traballos de extracción do submarino mediante dous guindastres para proceder á comprobación do alixo que transportaba.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...