InicioSucesosEvacuada unha veciña de Gondomar debido a lesións sufridas por unha tarteira...

Evacuada unha veciña de Gondomar debido a lesións sufridas por unha tarteira esquecida ao lume

PUBLICADO O

Unha muller veciña do municipio pontevedrés de Gondomar foi evacuada a un centro hospitalario debido ás lesións sufridas por mor dun incendio orixinado por unha tarteira esquecida ao lume na cociña e que tentou apagar.

Segundo informou o 112 Galicia, o incendio tivo lugar na tarde deste mércores e, ademais das chamas, a estancia encheuse de fume, que chegou a estenderse á vivenda lindeira.

“Alarmados pola intensa fumareda”, destacaron as mesmas fontes, veciños chamaron ao 112 Galicia e pediron axuda urxente para a ocupante da vivenda afectada, pois sufriu algunhas queimaduras cando trataba de apagar o lume.

Deste xeito, o persoal do 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladou á ferida ao Hospital Povisa en Vigo. Simultaneamente, na vivenda actuaron os Bombeiros do Porriño co fin de ventilar ambos os apartamentos e asegurarse de que a tartera estaba completamente apagada.

Unha vez realizadas as medicións correspondentes e comprobar as boas condicións da atmosfera no interior dos domicilios, deron por finalizada a súa intervención, apuntou o 112. Neste operativo, que se activou sobre as 19,00 hoas deste mércores, tamén colaboraron os axentes da Policía Local e membros do GES do Val Miñor.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...