InicioSucesosDetido un condutor en Marín por circular nun coche roubado e sen...

Detido un condutor en Marín por circular nun coche roubado e sen carné

O home detido quedou en liberdade tras a instrución de dilixencias, á espera de que sexa reclamado polo xulgado de Marín.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron en Marín (Pontevedra) a un veciño de Cangas, ao que sorprenderon circulando nun coche roubado e sen carné de conducir. Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a detención produciuse despois de que unha dotación da Garda Civil se decatase da presenza deste coche nas inmediacións do poboado chabolista de O Vao.

Inicialmente, non había especiais sospeitas sobre o vehículo, porque non figuraba como roubado e o seu propietario non ten antecedentes. No entanto, media hora despois formulouse denuncia pola subtracción do vehículo en Moaña. Tras recibir a alerta por ese roubo e horas despois de ver o coche preto de O Vao, unha dotación da Garda Civil volveuno a localizar circulando por Marín.

Tras interceptar o coche, os axentes detiveron ao condutor, un veciño de Cangas de 45 anos de idade, cun amplo historial delituoso. A Benemérita impútalle dous supostos delitos: a subtracción do coche, e un delito contra a seguridade viaria por circular sen carné (nunca llo sacou). O home detido quedou en liberdade tras a instrución de dilixencias, á espera de que sexa reclamado polo xulgado de Marín.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...

Desactivada a alerta pola desaparición dunha muller: está “desorientada, pero ben”

SOS Desaparecidos desactivou a alerta pola desaparición en Vigo dunha muller, de 44 anos...