InicioSucesosAsí foi o apresamento do pesqueiro vasco con 2.500 quilos de cocaína

Así foi o apresamento do pesqueiro vasco con 2.500 quilos de cocaína

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pesqueiro vasco ‘Gure Leire’, apresado hai uns días preto dos Azores con 2.500 quilos de cocaína e que levaba rumbo ás costas galegas, levaba anos no punto de mira da Axencia Tributaria pola súa posible vinculación con organizacións dedicadas ao narcotráfico, segundo confirmaron fontes da investigación.

As “sospeitas” dos investigadores incrementáronse o pasado mes de abril, cando entrou no Porto da Coruña. Desde entón, o barco estivo vixiado ata a súa abordaxe, o pasado 27 de maio, cando navegaba rumbo a Galicia despois de coller a droga (que foi embarcada en Surinam) nalgún punto do Atlántico Norte.

O pesqueiro vasco ‘Gure Leire’, no porto de Vigo tras ser apresado con 2.500 quilos de cocaína / © Miguel Núñez.

Nesta actuación, denominada ‘Operación Quenlla‘, interviñéronse 84 fardos de cocaína que estaban nas adegas do pesqueiro, e detívose, polo momento, aos sete tripulantes do barco, galegos e vascos (incluído o armador e patrón, que viaxaba a bordo e que está domiciliado en Euskadi). Ademais dos arrestos, practicáronse tres rexistros en domicilios de Ondarroa e Berriatúa, en Biscaia.

O pesqueiro vasco ‘Gure Leire’, no porto de Vigo tras ser apresado con 2.500 quilos de cocaína / © Miguel Núñez.

O pesqueiro, coa carga de droga, chegou no mediodía deste luns ao porto de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...