InicioSucesosUn incendio orixinado nunha habitación queima mobiliario nun local en Ponteareas

Un incendio orixinado nunha habitación queima mobiliario nun local en Ponteareas

PUBLICADO O

Un incendio declarado na madrugada deste venres nun local en Ponteareas provocou a mobilización dos servizos de emerxencia ao arder mobiliario nunha habitación dun local, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Segundo informou o 112 Galicia, o lume, que se orixinou nunha habitación, calcinou unha cama, un moble e unha televisión. Ademais, debido ao fume provocado, foi preciso ventilar todo a planta do local.

Os feitos ocorreron nun local situado na saída 303 da A-52 no concello pontevedrés de Ponteareas sobre as 2,00 horas deste venres. O 112 Galicia foi informado os Bombeiros do Porriño, que se desprazaron ao lugar do suceso.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia avisou do sucedido á Garda Civil, ao GES de Ponteareas e a Protección Civil da localidade. Ademais, solicitouse a colaboración da Policía Local do Porriño e Ponteareas.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...