InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Seprona investiga a morte de catro cabalos salvaxes nun monte do...

O Seprona investiga a morte de catro cabalos salvaxes nun monte do municipio pontevedrés de Oia

Os catro cabalos estaban dentro dunha canle de formigón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Pontevedra investiga a morte de catro cabalos no municipio pontevedrés de Oia o pasado fin de semana, segundo confirmou o Instituo Armado a Europa Press.

Un equipo do Seprona de Tui dirixe esta investigación tras o achado de catro equinos salvaxes mortos nun monte da parroquia de Viladesuso, nunha zona denominada O Areeiro, por gandeiros do lugar.

Un equipo de sanidade animal da Xunta de Galicia recompilou mostras na mañá deste luns para elaborar un informe sobre a causa da morte destes cabalos, cuxos cadáveres seguían esta mañá no monte.

Os catro cabalos estaban dentro dunha canle de formigón que se emprega para introducir aos animais e proceder a desparasitarlos.

ÚLTIMAS

‘Quero ser investigadora’, historias de mulleres investigadoras que triunfan na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento...

Extraballadores de Alfageme pídenlle axuda a Caballero para poder cobrar os 3 millóns de euros que lles adebedan

Decenas de extraballadores da histórica conserveira viguesa Alfageme concentráronse na mañá deste martes ante...

Detido un traballador dunha residencia de maiores de Vigo polo suposto roubo de xoias a unha usuaria

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron un home, traballador dunha residencia...

Na rúa tras 20 anos nunha chabola en Vigo: Xunta e Concello deixan a dúas familias sen alternativa habitacional

Dúas familias de Vigo enfróntanse a un desafiuzamento inminente. Piden ás administracións unha "vivenda...