InicioSucesosDeféndese o camioneiro de ENCE que golpeou cun martelo a un ciclista:...

Deféndese o camioneiro de ENCE que golpeou cun martelo a un ciclista: “Chamoume fillo da puta”

PUBLICADO O

O vídeo xa está en boca de todos. Un condutor de ENCE agrede cun martelo a dous ciclistas, precisando un asistencia hospitalaria por golpes na cabeza pese a que  levaba o casco posto.

Unha testemuña gravou os feitos. No vídeo, o que se observa é á devandita testemuña achegándose ás présas ao lugar dos feitos, mentres o condutor persegue correndo a un ciclista e grita: “Vén aquí hijo de puta, vén aquí, que te mato, ven aquí, desgraciao, cago na nai que te pariu”, entre outros berros indistinguibles pola baixa calidade do audio.

Despois, o condutor, que levaba armado todo este tempo, dá unha patada a unha bicicleta e a lanza polos aires. Na outra bicicleta está o ciclista quieto, que nese momento é agredido co martelo a berros de “qué coño haces ahí hombre, me cago en Dios”.

Entón o ciclista escapa e o condutor pregunta en ton máis empático a un terceiro: “Neno, ti eres o que ía para alá co coche? Que desgraciaos”. Mentres, o ciclista afástase moi lentamente, se cadra debido ao dano producido.

O vídeo correu como a pólvora por grupos de WhatsApp e redes sociais, e ademais os ciclistas denunciaron ao condutor por adiantamento indebido, supostamente sen respectar a distancia de seguridade.

Mesmo ENCE “desvinculouse” en redes do seu traballador ao condenar o seu comportamento a entrada de fábrica, e asegurou que o denunciará e tomará “medidas para que non volva traballar”, á vez que amosaba o seu apoio aos ciclistas.

Os ataques a este transportista foron masivos, pero, pode que as cousas non sexan o que parece?

L

Agora, o condutor tenta limpar o seu nome e amosa a súa visión dos feitos que ocorreron antes que a cámara comezara a gravar: “Bo día a todos. Aos que son amigos e os que non son tan amigos, porque enemigos non creo que os teña, eu non me considero inmigo de ninguén. Mira. Con todo o que aquí se armou xa oín comentarios de tódalas maneiras, cada un conta o que lle dá a gana, vou contar a miña versión por se alguén lle importa”.

“Os feitos non sucederon nada como contan nin nada de nada”, deféndese: “Todos sabedes onde está a cancela que entra para o pazo de Lourizán, e un pouquiño máis adiante dirección Pontevedra hai outra entrada. Neste tramo iban os dous (os ciclistas), á par, de palique, moi anchos, moi anchos, á súa bola”.

“Cando me acercaba a eles pitei, coa única bocina que ten o meu camión. De fronte viña un coche que quería coller á esquerda pero tuvo que deixarnos pasar a nós”, engade. O condutor deste turismo podería ser o home ao que se dirixe o transportista ao final do vídeo.

“Nada más pasar ese coche, adianteinos, sobrado, pero sobrado (de espazo). Esquecinme de todo, nin eles piaron nin nada de nada. Cando cheguei adiante do Terraza, estaba Juncal, que pode dicir, maniobrando diante do ponte da autovía”, engade.

“Eu parei no medio e alí entran eles para dentro, zapatean as bicicletas, non baixaron, zapatearon as bicicletas diante do camión e alí me veu un como un “jíbaro” cara a cabina a puñetazos na porta, e a dicirme que baixara fillo da puta”, relata.

“Así como baixei a ventanilla pegou un pincho, colgouse no espello e largoume un puñetazo para dentro que se me colle a cara desfaina. Collín, baixei, o resto xa vedes o que alí pasou”, conclúe.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...