InicioSociedadeA Sociedade Galega de Neuroloxía presenta este venres en Vigo os avances...

A Sociedade Galega de Neuroloxía presenta este venres en Vigo os avances no tratamento da esclerose múltiple

PUBLICADO O

A Sociedade Galega de Neuroloxía presentará este venres en Vigo os avances no tratamento e as novas tecnoloxías para a atención dos pacientes con esclerose múltiple, polo que varias asociacións e máis dunha vintena de persoas que sofren esta doenza asistirán ao simposium que se celebrará no Hotel NH.

Este encontro, enmarcado na XXXV Reunión anual da Sociedade Galega de Neuroloxía, abordará a utilidade das aplicacións no seguimento da enfermidade, co obxectivo de situar ao paciente no centro de todo o proceso asistencial.

O simposium levará a cabo entre as 11,30 e as 12,30 horas e terá un carácter “eminentemente práctico”, segundo recolle a asociación nun comunicado, polo que centrará os seus contidos en dous eixos principais: a utilización de aplicacións e os novos tratamentos, entre os que se anuncia a presentación en Galicia dun novo fármaco de Novartis o próximo 29 de abril.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...