InicioSociedadeMorre Antía Cal, unha das pioneiras da educación en Galicia

Morre Antía Cal, unha das pioneiras da educación en Galicia

Abriu o primeiro colexio bilingüe español-inglés de Galicia en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Morreu Antía Cal,unha das renovadoras da pedagoxía en Galicia. Nada na Habana o 18 de abril de 1923, Cal faleceu en Meira Moaña, con 98 anos de idade.

Antía Cal naceu na emigración cubana dunha familia de Muras. Con nove anos (1932) regresou a Galicia e estableceuse en Vigo para estudar comercio, que era a vontade de seu pai. Despois da guerra rematou os estudos de Comercio, pero tamén fixo maxisterio. Ao finalizar, estudou na Universidade de Santiago Filosofía e Letras, e especializouse en xeografía e pedagoxía.

Casou co oftalmólogo Antón Beiras García, galeguista irmán de Manuel Beiras García. Nunha viaxe en Xenebra entra en contacto coa obra do pedagogo Johann Heinrich Pestalozzi, por quen Antía Cal tiña especial admiración grazas á súa loita a prol da educación das mulleres. A partir dese momento comezan a facerse máis intensos os seus contactos cos círculos da pedagoxía europea e impulsana a fundar en 1961 en Vigo a Escola Rosalía de Castro, cun ensino completamente bilingüe castelán-inglés.

As aulas levaban os nomes de Rosalía de Castro, Bertrand Russell, Alexandre Bóveda, Marie Curie, Carlos Maside, María Montessori, Castelao, Eduardo Pondal, Luís de Camões, Mariñeiros ou Labregos. En setembro, que foi cando comezou o curso, a escola tiña tres profesores e 38 alumnos e localizábase na rúa Pizarro.

No ano 1969, Antía Cal foi a Barcelona e entrou en contacto coas Escolas de Verán Rosa Sensat, núcleo de renovación pedagóxica. O aprendido alí e a relación establecida con ese centro axudoulle a mellorar a preparación dos mestres e mestras do seu propio colexio. O colexio foi pioneiro na introdución do galego no ensino.

ÚLTIMAS

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...

Ferido un operario tras caer da cesta elevadora coa que retiraba unha cámaras no paseo de Panxón

Un operario resultou ferido tras envorcar un camión e caer da cesta elevadora cando...

O acusado de agredir sexualmente a unha familiar menor en Vigo enfróntase a 14 anos de cárcere

A Fiscalía de Vigo solicita 14 anos de prisión para un home acusado dun...

Inspección de Traballo investiga un accidente laboral en Stellantis Vigo no que unha operaria perdeu un pé

A Inspección de Traballo abriu unha investigación para coñecer as circunstancias dun accidente laboral ocorrido...