InicioSociedadeA área de Vigo suma tres das ´últimas sete mortes por covid-19...

A área de Vigo suma tres das ´últimas sete mortes por covid-19 en Galicia, onde se superan xa as 2.700 vítimas

Desde o inicio da pandemia rexistráronse oficialmente 2.706 decesos polo coronavirus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As mortes doutras sete persoas que foran diagnosticadas coa covid-19 –cinco homes e dúas mulleres– rexistradas nos últimos días elevan as vítimas da covid-19 en Galicia a 2.706.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, tres destes falecementos producíronse o pasado venres, día 10 de decembro. En concreto, nesa xornada faleceron tres homes de 64, 75 e 87 anos que recibían asistencia sanitaria no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

Ademais, o sábado faleceu outro home de 75 anos que tamén permanecía ingresado no CHUVI; así como unha usuaria da Residencia Hermanos Prieto do Carballiño que tiña 85 anos e recibía asistencia no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Tamén o CHUO perdeu a vida o domingo un home de 72 anos.

Por último, este luns faleceu unha muller de 87 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).

A Consellería de Sanidade detallou que todas estas persoas presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...