InicioTomiño habilita un rexistro online para asistir á súa verbena 'piloto'

Tomiño habilita un rexistro online para asistir á súa verbena ‘piloto’

Terá lugar o vindeiro sábado 19.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tomiño habilitou un rexistro ‘en liña’ para asistir á verbena piloto que acollerá a localidade o sábado 19 de xuño e que estará limitada a 1.000 persoas. O formulario web dispoñible será o único método válido para rexistrarse e a asistencia á proba piloto, que terá lugar entre as 21,00 e as 23,00 horas no campo de festas do Alivio, será gratuíta, segundo lembrou o Consistorio.

Durante o evento, no que actuará a orquestra Ocaband, o recinto permanecerá valado para limitar o acceso ás persoas con reserva previa, que poderán estar de pé, aínda que separadas en grupos. Os asistentes poderán bailar, pero non comer nin beber e deberá manterse a distancia de seguridade entre os grupos.

Con todo, os participantes na proba piloto poderán consumir sentados nun bar que se habilitará no exterior. O Concello pediu ás persoas que non conten con rexistro que non se despracen ata o lugar para evitar posibles aglomeracións e insistiu en que se requirirá dispor dunha reserva para acceder ao recinto. Tamén garantiu que a vixilancia e a presenza policial serán constantes.

A celebración desta verbena representa unha do seis probas piloto que a Xunta tamén promoverá de modo simultáneo en Arteixo, Noia, Marín, Tomiño, O Carballiño e Mondoñedo o próximo 19 de xuño para avaliar a seguridade sanitaria nestes eventos.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...