InicioSociedadeA UVigo clausura o seu proxecto de xestión unificada de biobancos mariños...

A UVigo clausura o seu proxecto de xestión unificada de biobancos mariños en Europa

Coordinou durante tres anos o traballo de 20 socios de seis países diferentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto ‘European Blue Biobank’ (EBB), liderado polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, celebrou este martes a súa clausura, logo de tres anos de traballo materializados nunha base de datos, un manual de boas prácticas e unha guía para usuarios finais.

Cun orzamento de 1,5 millóns de euros, o proxecto arrincou en 2017 coa misión de sentar as bases para unha xestión unificada dos principais biobancos mariños de Europa e avanzar na xestión acorde á normativa vixente de ‘Access & Benefit Sharing’ (ABS) e as regulacións derivadas do Protocolo de Nagoya.

Así, o CIM coordinou o traballo de 20 socios de seis países diferentes, consolidando esta iniciativa como a primeira do mundo en coordinación transnacional de biobancos mariños. Segundo indicaron, trátase dun labor que “pode resultar complexo, xa que cada país ten as súas propias regras e protocolos”.

Entre os principais avances está a base de datos ‘Trace’, un catálogo en liña para a procura de recursos biolóxicos mariños que poden ser fornecidos polo biobanco de ‘EBB’. Ademais, desenvolveuse unha ferramenta, denominada ‘Track’, para xestionar e dar acceso aos datos de mostraxes e mantemento de recursos biolóxicos.

Así mesmo, deseñouse un manual cunha guía de boas prácticas para que as coleccións e biobancos poidan cumprir coa lexislación de ABS e creouse unha guía paso a paso destinada a usuarios finais –academia e industria–.

Os investigadores deste proxecto destacaron que “parte dos resultados e produtos xerados neste proxecto terán unha vida máis longa dentro da European Marine Biological Resource Centre (EMBRC), sendo este o legado que o proxecto ‘EBB’ deixará a esta infraestrutura europea de investigación mariña”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...