InicioSociedadeO Rexistro Civil de Ponteareas, primeiro en implantar a cita previa despois...

O Rexistro Civil de Ponteareas, primeiro en implantar a cita previa despois das cidades

Os usuarios poden reservar cita a través da web www.xustiza.gal.

PUBLICADO O

O Rexistro Civil de Ponteareas comezou este venres a operar co sistema de cita previa a través de Internet. Deste xeito, convértese no primeiro partido xudicial que ofrece este servizo despois das cidades galegas.

Os usuarios poden reservar cita a través da web www.xustiza.gal para trámites, consultas e fes de vida. Así, preténdese mellorar o servizo que se ofrece á cidadanía e evitar desprazamentos innecesarios como medidas de prevención ante a pandemia.

As citas para realizar trámites e consultas outórganse os martes, mércores e xoves cada 15 minutos en diferentes horarios en función da xestión, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A web tamén permite a descarga de documentos que hai que cumprimentar para efectuar trámites relacionados con matrimonios, duplicados de libros de familia, nacionalidade e cambio de nome e/ou apelidos.

Os certificados de nacemento, matrimonio e defunción ocorridos no termo municipal de Ponteareas deberán solicitarse a través do correo electrónico registrocivil.ponteareas@justicia.es (con nome, apelidos e data do feito). A inscrición de recén nados e a obtención do impreso de últimas vontades non necesitan cita previa.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...